Ir ó contido

Ir ó índice

PÁXINA JW.ORG

Como navegar por jw.org cun dispositivo móbil

Como navegar por jw.org cun dispositivo móbil

Tódalas seccións e funcións do noso sitio de Internet que se poden ver na pantalla dun ordenador tamén están dispoñibles nunha tableta ou nun teléfono móbil con conexión a Internet. Con todo, os menús non aparecen colocados do mesmo xeito, a fin de que se poidan visualizar o mellor posible. Neste artigo atoparás suxestións para navegar por jw.org.

 Como se usan os menús nos dispositivos móbiles

Na pantalla dun ordenador, as seccións principais están á vista ó longo da parte superior da mesma, e o menú cos títulos das diferentes seccións aparece tamén na parte superior cando se selecciona unha sección principal.

Non obstante, na pantalla dun dispositivo móbil tódolos menús de navegación aparecen en sentido vertical. Ademais, cando non se están a usar, desaparecen para que se poida visualizar o máximo contido posible da páxina.

  • Preme o botón Menú para mostrar ou ocultar os menús de navegación. Selecciona o nome dunha sección para ir á mesma.

  • Preme o botón Mostrar para ver o menú coas opcións que contén cada sección. Selecciona unha das opcións para ir á páxina de inicio desa opción.

  • Preme o botón Ocultar para pechar o menú no que aparecen os nomes das seccións.

  • Preme o botón JW.ORG para volver á paxina de inicio.

  • Preme o botón Idiomas para ver a lista de idiomas dispoñibles.

  • Preme o botón Buscar para atopar contidos coa función Buscar.

 Como ir a artigos ou capítulos dunha publicación

Na pantalla dun ordenador, o índice da publicación sempre permanece visible mentres se está lendo un artigo ou capítulo. Non obstante, na pantalla dun dispositivo móbil o índice queda oculto.

  • Preme o botón Mostrar para ver o índice. A continuación, selecciona un dos títulos para ver o contido do artigo ou do capítulo.

  • Preme o botón Anterior para ir ó artigo ou capítulo anterior.

  • Preme o botón Seguinte para ir ó artigo ou capítulo seguinte.

  • Preme o botón Ocultar para ocultar o índice e seguir lendo o artigo ou capítulo no que estás.

 Como ler a Biblia en liña

Vai a BIBLIOTECA > A BIBLIA EN LIÑA e selecciona unha Biblia. Tamén podes facer clic en “A Biblia” no enlace da páxina de inicio. Nota: se estas a usar a edición de estudo da Traducción del Nuevo Mundo podes ver o artigo “Usa a edición de estudo da Biblia” (en inglés).

Na lista selecciona o libro e o capítulo que queres ler e fai clic no botón Buscar.

  • Preme o botón Mostrar para ver o índice da Biblia, o material de introdución e os apéndices.

  • Preme o botón Anterior para ver o capítulo anterior.

  • Preme o botón Seguinte para ver o capítulo seguinte.

  • Preme o botón Ocultar para ocultar o índice da Biblia.

 Como escoitar artigos gravados en formato de audio

Se abres un artigo e está dispoñible a gravación, aparecerá a Barra de audio.

  • Preme o botón Reproducir para escoitalo.

  • Preme o botón Pausa para deter a gravación. Se queres continuar escoitando, preme de novo no botón Reproducir.

  • Podes desprazarte pola Barra de audio mantendo pulsado o control e movéndoo cara adiante ou cara atrás.

Se inicias a reprodución da gravación e te desprazas cara abaixo no artigo, a Barra de audio permanece onda a Barra do menú. Deste xeito podes deter a gravación e continuar escoitando sen perder o lugar onde estás lendo.