Ir ó contido

Ir ó índice

JW BROADCASTING

Como escoitar audio en Roku

Como escoitar audio en Roku

A sección Audio contén varias coleccións de audio, como música, obras teatrais e lecturas da Biblia dramatizadas.

(Nota. As imaxes do mando a distancia Roku que aparecen nesta sección de axuda poden ser distintas ás do teu mando).

Selecciona Audio na pantalla de inicio para ver as coleccións de audio dispoñibles. Sigue estes pasos para buscar e reproducir programas de audio:

 Como reproducir un programa de audio

Cada ringleira contén unha colección de programas de audio. O título de cada colección aparece enriba de cada ringleira.

  • Usa Arriba e Abaixo para cambiar de colección.

  • Usa Esquerda e Dereita para desprazarte dun audio a outro dentro dunha colección.

Preme en OK para seleccionar o programa resaltado e abrir a pantalla cos Detalles do programa de audio.

Selecciona unha das seguintes accións:

  • Continuar. Esta opción só aparece cando non remataches de escoitar un audio. Selecciona esta opción para seguir escoitando o audio onde o deixaches.

  • Reproducir ou reproducir dende o comezo. Para reproducir o programa de audio dende o principio.

  • Reproducir toda a colección. Para reproducir tódolos programas de audio da colección seleccionada comezando polo que aparece na pantalla. A reprodución parará unha vez reproducidos tódolos programas da colección.

Os detalles dos demais audios da colección aparecerán embaixo nunha ringleira. Preme en Abaixo para acceder ou Arriba para volver á pantalla cos detalles do audio.

 Como reproducir unha colección de audio

A maiores de reproducir un programa de audio, podes escoitar unha colección enteira. Vai á colección de audio que desexas escoitar e a continuación selecciona unha das seguintes opcións:

  • Reproducir todo. Para reproducir tódolos programas de audio da colección comezando polo primeiro.

  • Aleatorio. Para reproducir tódolos programas da colección en orde aleatoria.

A reprodución parará unha vez reproducidos tódolos programas de audio da colección.

 Como usar as opcións de reprodución

Namentres se está reproducindo un programa de audio, podes controlar a reprodución co teu mando a distancia:

  • Reproducir/Pausa ou OK. Podes parar a reprodución. Volve premer no mesmo botón para continuar a reprodución.

  • Avanzar. Para avanzar na reprodución uns segundos. Non soltes o botón se queres que avance a máis velocidade. Solta o botón para continuar a reprodución.

  • Retroceder. Para retroceder na reprodución uns segundos.

  • Volver. Para volver á páxina de Audio.