Ir ó contido

Ir ó índice

2 | “O consolo que dan as Escrituras”

2 | “O consolo que dan as Escrituras”

O QUE DI A BIBLIA: “Todo canto antigamente se escribiu, escribiuse para a nosa instrucción: para que entre a nosa paciencia e o consolo que dan as Escrituras, manteñámo-la esperanza” (ROMANOS 15:4).

Que significa?

A Biblia contén ideas animadoras que poden darnos a forza e o aguante que necesitamos cando nos asalten os pensamentos negativos. Ademais, dános a esperanza de que dentro de pouco o sufrimento emocional será cousa do pasado.

Como nos axuda?

Todos nos sentimos angustiados de vez en cando, pero os que padecen depresión ou ansiedade poida que loiten a diario con emocións moi dolorosas. Como pode axudarnos a Biblia?

  • Na Biblia atopamos moitas ideas positivas que poden axudarnos a desfacernos dos pensamentos negativos que teñamos (Filipenses 4:8TNM). Encher a nosa mente de cousas que nos animen e nos tranquilicen axudaranos a controlar as nosas emocións (Salmo 94:18, 19).

  • A Biblia pode axudarnos a deixar de pensar que non valemos para nada (Lucas 12:6, 7).

  • Moitos textos da Biblia asegúrannos que non estamos sós e que Deus, o noso Creador, comprende perfectamente os nosos sentimentos (Salmo 34:19 [34:18, TNM]; 1 Xoán 3:19, 20).

  • A Biblia promete que Deus fará que chegue o momento no que non recordaremos nada do que nos causa dor (Isaías 65:17; Apocalipse 21:4). Esta promesa axúdanos a seguir adiante cando sufrimos polas cousas malas que pensamos e sentimos.