Onde podes atopar unha guía confiable hoxe en día?
Nun mundo que non deixa de cambiar, como podes estar seguro de que as decisións que tomes serán boas para ti e te farán feliz? E como podes saber se o que hoxe se considera correcto mañá non se verá mal?
A Biblia axúdache a tomar decisións das que nunca terás que arrepentirte. Como é isto posible? A Biblia provén do noso Creador, e el sabe o que nos fai sentir realmente felices e seguros.
“Eu son o Señor, o teu Deus, o que te ensina para que saques proveito” (Isaías 48:17).
Podemos confiar na sabedoría práctica que contén a Biblia. É de fiar agora e serao “polos séculos dos séculos” (Salmo 111:8, SBG).
Por que non analizas por ti mesmo como che pode axudar a Biblia neste mundo tan cambiante?