Ir ó contido

Ir ó índice

UN MUNDO EN CRISE

3 | Coida dos teus seres queridos

3 | Coida dos teus seres queridos

POR QUE É IMPORTANTE?

A medida que a situación deste mundo vai a peor, moitas persoas deixan de coidar dos seus seres queridos.

  • A xente íllase.

  • Os matrimonios discuten máis.

  • Os pais danlles pouca ou ningunha importancia ás preocupacións dos seus fillos.

O que deberías saber

  • Ter amigos é esencial para a túa saúde física e emocional, especialmente nos tempos difíciles.

  • O estrés pola inestabilidade mundial pode afectar á túa familia de maneiras inesperadas.

  • As noticias alarmantes quizais lles afectan ós teus fillos máis do que pensas.

O que podes facer xa agora

O que di a Biblia: “O verdadeiro amigo ama en todo momento e é un irmán en tempos de angustia” (Proverbios 17:17TNM).

Pensa en alguén que te apoia e que che pode dar consellos prácticos. Saber que esa persoa se preocupa por ti pode darche as forzas que necesitas para enfrontarte ós problemas de cada día.