MATRIMONIOS
4. Perdón
QUE IMPLICA
Perdoar implica deixar pasar unha ofensa sen gardar rencor. Pero non significa que lle quitas importancia ó problema ou que fas coma se non pasase nada.
O QUE DI A BIBLIA: “Aturádevos uns ós outros e perdoádevos, cando un teña queixa doutro” (Colosenses 3:13).
“Cando lle queres a alguén non te centras nos seus defectos, senón na clase de persoa que se esforza por ser” (Aaron).
POR QUE É IMPORTANTE
Gardar rencor pode danar a túa saúde física e emocional, e tamén facerlle dano ó teu matrimonio.
“Unha vez o meu home pediume perdón por algo que me fixera moito dano. Non me foi nada fácil perdoalo. Ó final fíxeno, pero arrepíntome de non perdoalo antes, porque así a nosa relación non sufriría de xeito innecesario” (Julia).
QUE PODES FACER
PREGÚNTATE
A próxima vez que a túa parella faga ou diga algo que che faga dano, pensa nisto:
-
“Estarei sendo demasiado sensible?”.
-
“É algo tan grave que necesito que se desculpe, ou podo deixalo pasar?”.
PARA QUE FALEDES EN PARELLA
-
Canto tempo tardamos normalmente en perdoarnos?
-
Que podemos facer para perdoarnos antes?
CONSELLOS
-
Cando a túa parella te ofenda, non penses que o fixo con mala intención.
-
Intenta comprender por que actúa así, e recorda que “todos pecamos moitas veces” (Santiago 3:2).
“Cando os dous temos a culpa é máis fácil perdoar. Pero é moito máis difícil cando a culpa é do outro. Hai que ser moi humilde para aceptar as desculpas e perdoar” (Kimberly).
O QUE DI A BIBLIA: “Ponte de acordo, canto antes” (Mateo 5:25).
Gardar rencor pode danar a túa saúde física e emocional, e tamén facerlle dano ó teu matrimonio.