Ir ó contido

Ir ó índice

TEMA DE PORTADA | A BIBLIA. UNHA HISTORIA DE SUPERVIVENCIA

Por que sobreviviu a Biblia?

Por que sobreviviu a Biblia?

A Biblia sobreviviu. Grazas a iso, hoxe podes conseguir unha copia e lela. E cando escolles unha boa tradución das Escrituras, podes ter a seguridade de que estás a ler unha copia fiable dos escritos orixinais. a Pero, por que sobreviviu a Biblia, ás veces de forma extraordinaria, a pesar da deterioración dos materiais, a oposición desapiadada e a manipulación deliberada da súa mensaxe? Que ten de especial este libro?

“Agora estou convencido de que a Biblia que teño en as mans é un agasallo de Deus”

Moitos estudantes da Biblia chegaron á mesma conclusión á que chegou o apóstolo Paulo, quen escribiu: “Toda a Escritura está inspirada por Deus” (2 Timoteo 3:16). Cren que a Biblia sobreviviu porque é a Palabra de Deus e porque el a preservou ata os nosos días. Faizal, mencionado no primeiro artigo desta revista, decidiu aclarar as súas dúbidas investigando a Biblia por si mesmo. Quedou sorprendido polo que aprendeu. Non tardou en darse conta de que moitas das doutrinas que ensina a cristiandade non están na Biblia. Ademais, conmoveuno coñecer o propósito que ten Deus para Terra e que se explica na súa Palabra.

Faizal di: “Agora estou convencido de que a Biblia que teño nas mans é un agasallo de Deus. Despois de todo, se Deus puido crear o Universo, seica non terá o poder para darnos a súa Palabra e preservala para nós? Dicir o contrario sería limitar o poder de Deus, do Deus todopoderoso. E quen son eu para facer iso?” (Isaías 40:8).

a Consulta o artigo “Como escoger una buena traducción de la Biblia”, publicado no número do 1 de maio de 2008 desta revista.