Información sobre os libros da Biblia
Nestes vídeos breves poderás encontrar información moi interesante sobre o contido dos libros da Biblia e o seu contexto histórico. Úsaos cando leas e estudes a Biblia.
Introdución á Biblia
Fíxate en como cada libro se relaciona co tema principal da Biblia: como o Reino que goberna Xesús vindicará o nome de Xehová.
Introdución a Xénese
Xénese dános información importante sobre a orixe da humanidade e tamén sobre como apareceron o sufrimento e a morte.
Introdución a Éxodo
Deus liberou os israelitas da escravitude en Exipto e converteunos nunha nación dedicada a El.
Introdución a Levítico
Descubre como Levítico describe a santidade de Deus e por que é tan importante que sexamos santos.
Introdución a Números
Fíxate no importante que é obedecer a Xehová e respectar os que el escolleu para guiar o seu pobo.
Introdución a Deuteronomio
Fíxate en como a Lei que Xehová lle deu a Israel demostrou o moito que El lle quere ó seu pobo.
Introdución a Xosué
Descubre como a nación de Israel conquista e reparte a terra que Deus lle deu.
Introdución a Xuíces
Este libro cheo de acción fala dos homes de fe que Deus usou para liberar o pobo de Israel dos seus opresores.
Introdución a Rut
O libro de Rut trata do amor leal que unha viúva lle demostrou á súa sogra e de como Xehová recompensou as dúas.
Introdución a 1 Samuel
Fíxate en como o antigo Israel pasa de estar dirixido por xuíces a estar gobernado por reis.
Introdución a 2 Samuel
Comproba como a humildade e a fe de David fixeron que sexa un dos personaxes máis coñecidos e queridos da Biblia.
Introdución a 1 Reis
Vexamos como Israel pasou da gloria e da prosperidade baixo o reinado de Salomón a unha chea de problemas cando se dividiu en dous reinos, Israel e Xudá.
Introdución a 2 Reis
Fíxate en como a apostasía invadiu o reino do norte de Israel mentres Xehová bendiciu os poucos que o adoraban de todo corazón.
Introdución a 1 Crónicas
Sigue a liñaxe e a emocionante vida do rei David desde que o nomearon rei ata a súa morte.
Introdución a 2 Crónicas
Fíxate en como a historia dos reis de Xudá destaca a importancia da lealdade a Xehová.
Introdución a Esdras
Xehová mantén a súa promesa de liberar o seu pobo do exilio en Babilonia e de restaurar a adoración verdadeira en Xerusalén.
Introdución a Nehemías
O libro bíblico contén leccións valiosas para tódolos servos de Deus dos nosos días.
Introdución a Ester
O intenso relato do libro de Ester fortalecerá a nosa fe na capacidade de Xehová para liberar o Seu pobo de calquera situación difícil.
Introdución a Xob
Tódolos que aman a Xehová pasarán por probas. O relato de Xob asegúranos que podemos ser fieis a Deus e apoiar a súa soberanía.
Introdución a Salmos
Os Salmos apoian a soberanía de Xehová, axudan e dan consolo a quen o ama, e explica como vai cambiar este mundo grazas ó Seu Reino.
Introdución a Proverbios
Atopa bos consellos para calquera aspecto da vida como, por exemplo, os negocios ou a felicidade familiar.
Introdución a Eclesiastés
O rei Salomón destaca o que realmente importa na vida, contrastándoo co que non é sabio dende o punto de vista de Deus.
Introdución a Cantar dos Cantares
O amor incondicional dunha rapaza xulamita por un pastor descríbese como a “divina labarada”. Por que?
Introdución a Isaías
As profecías do libro de Isaías fortalecerán a túa confianza no Deus salvador que sempre cumpre as súas promesas.
Introdución a Xeremías
Xeremías continuou co seu labor de profeta malia as dificultades. Como nos pode axudar o seu exemplo?
Introdución a Lamentacións
No libro de Lamentacións, o profeta Xeremías expresa a súa dor pola destrución de Xerusalén e mostra que a misericordia divina é posible grazas ó arrepentimento.
Introdución a Ezequiel
Ezequiel levou a cabo a tarefa que Deus lle encomendara con humildade e coraxe sen importar as dificultades. O seu exemplo é moi valioso para nós.
Introdución a Daniel
Daniel e os seus compañeiros permaneceron leais a Xehová baixo toda circunstancia. Neste tempo da fin, podemos aprender do seu exemplo e do cumprimento das profecías deste libro.
Introdución a Oseas
O libro profético de Oseas contén importantes leccións para nós sobre a misericordia que Xehová mostra ós pecadores arrepentidos e o tipo de adoración que desexa.
Introdución a Xoel
Xoel profetizou acerca do día de Xehová e indicou a clave para sobrevivir. As súas profecías son de moita importancia para os nosos días.
Introdución a Amós
Xehová encargoulle unha importante tarefa a este home humilde. Que podemos aprender do exemplo de Amós?
Introdución a Abdías
Abdías é o libro máis curto das Escrituras Hebreas, ou Antigo Testamento. Ofrece esperanza e promete vindicar a soberanía de Xehová.
Introdución a Xonás
O profeta Xonás aceptou a corrección divina, cumpriu a súa responsabilidade e aprendeu unha importante lección sobre o amor e a misericordia de Deus. Un relato conmovedor.
Introdución a Miqueas
Esta profecía escrita por inspiración divina axúdanos a confiar en que todo o que Xehová nos pide é razoable e bo para nós.
Introdución a Nahúm
O cumprimento desta profecía axúdanos a confiar en que Xehová sempre cumpre a súa palabra e consola a quen busca paz e salvación no seu Reino.
Introdución a Habacuc
Podemos estar seguros de que Xehová é quen mellor sabe como e cando salvar o seu pobo.
Introdución a Sofonías
Por que debemos evitar pensar que non está próximo o día de Xehová?
Introdución a Axeo
O libro de Axeo destaca a importancia de darlle prioridade a Deus por riba dos nosos intereses persoais.
Introdución a Zacarías
En tempos pasados, as visións e as profecías deron folgos ó pobo de Deus. Na actualidade, seguen darnos confianza en que contamos co apoio de Xehová.
Introdución a Malaquías
Trata sobre a misericordia, o amor e os principios invariables de Deus. Este libro tamén pode axudarnos a afrontar algunhas situacións hoxe en día.
Información sobre Mateo
Descubre algúns datos do libro bíblico de Mateo, o primeiro dos catro Evanxeos.
Información sobre Marcos
O Evanxeo de Marcos é o máis curto de todos. Nel podemos ver o que fará Xesús como Rei do Reino de Deus.
Información sobre Lucas
Descubre que detalles se mencionan só no Evanxeo de Lucas.
Información sobre Xoán
Xoán destaca o amor que lle ten Xesús á humanidade, o seu exemplo de humildade e o seu papel como o Mesías, o futuro Rei do Reino de Deus.
Información sobre Feitos dos Apóstolos
Os primeiros cristiáns esforzáronse moito por facer discípulos de tódalas nacións. Este libro pode axudarche a ter máis entusiasmo na predicación.
Introdución a Romanos
Ensínanos que Xehová non mostra favoritismo e que é importante ter fe en Xesucristo.
Introdución a 1 Corintios
Esta carta de Paulo inclúe consellos de parte de Deus sobre a unidade, as normas morais, o amor e a esperanza da resurrección.
Introdución a 2 Corintios
Xehová, o “Deus de toda consolación”, anima e coida dos seus servos.
Introdución a Gálatas
A carta de Paulo ós Gálatas é tan práctica hoxe como cando se escribiu. Axúdanos a ser fieis.
Introdución a Efesios
Esta carta destaca a vontade de Deus de traer paz e unidade por medio do seu fillo Xesucristo.
Introdución a Filipenses
Ó sermos fieis malia as probas axudamos a outros a facer o mesmo.
Introdución a Colosenses
Para agradarlle a Xehová debemos levar á práctica o que aprendemos, perdoar os irmáns e recoñecer a posición e a autoridade de Xesús.
Introdución a 1 Tesalonicenses
É importante que teñamos tino co que debilita a fe, que o examinemos todo, que oremos constantemente e que nos confortemos uns ós outros.
Introdución a 2 Tesalonicenses
Paulo corrixe algúns irmáns que dicían que o “Día do Señor” estaba ó caer, e anímaos a estar firmes na fe.
Introdución a 1 Timoteo
Paulo escribiu esta carta para establecer asuntos relacionados coa organización da congregación, e dicirlles que se coidasen dos ensinos falsos e da avaricia.
Introdución a 2 Timoteo
Paulo anima a Timoteo a cumprir ben o seu servizo.
Introdución a Tito
Esta carta trata problemas que había nas congregacións de Creta e especifica os requisitos que tiñan que cumprir os responsables da congregación.
Introdución a Filemón
Malia ser unha carta curta, contén leccións importantes sobre ser humildes e amables e saber perdoar.
Introdución a Hebreos
A adoración cristiá baséase en cousas meirandes ca o templo e os sacrificios de animais.
Introdución a Santiago
Santiago axúdanos a crear imaxes mentais cos exemplos que emprega para ensinar principios cristiáns moi importantes.
Introdución a 1 Pedro
A primeira carta de Pedro anímanos a facer máis por Xehová e a botar sobre Deus tódalas nosas ansias.
Introdución a 2 Pedro
A segunda carta de Pedro anímanos a ser fieis mentres agardamos o “ceo novo” e a “terra nova”.
Introdución a 1 Xoán
Esta carta advírtenos sobre os anticristos, e aconséllanos sobre a que quererlle ben e a que non.
Introdución a 2 Xoán
Esta carta lémbranos que debemos vivir conforme ós mandamentos de Deus e ter coidado co anticristo.
Introdución a 3 Xoán
A terceira carta de Xoán ensínanos unha valiosa lección sobre sermos hospitalarios.
Introdución a Xudas
Xudas explica de que xeitos lle queren facer mal á congregación algunhas persoas.
Introdución a Apocalipse
As visións de Apocalipse describen o cumprimento das promesas de Deus para a terra e a humanidade.
Pode que tamén che guste
OUTRAS PUBLICACIÓNS