Ir ó contido

Heather Broccard-Bell/iStock via Getty Images

DESEÑOUNO ALGUÉN?

A coiraza do escaravello diabólico acoirazado

A coiraza do escaravello diabólico acoirazado

 O escaravello diabólico acoirazado (Phloeodes diabolicus) vive no oeste de América do Norte. Segundo os científicos, pode soportar unha carga de ata 39.000 veces o seu propio peso ou incluso sobrevivir se un coche o atropela. Como pode soportar este escaravello tanta presión?

 A parte superior e inferior da coiraza do escaravello únense en cristas ó longo de cada lado. A primeira crista é capaz de resistir firmemente a deformación cando se comprime, e así protexe os órganos vitais. A segunda é menos ríxida, polo que se deforma con facilidade. E a terceira permite que a superficie da coiraza se desprace. A flexibilidade que ten este terceiro tipo de crista permite que o escaravello se meta debaixo da casca das árbores ou que se esconda entre as fisuras das pedras.

 Ademais, ó longo da coiraza hai unha unión que ten varias protuberancias, chamadas láminas, que encaixan coma se fosen as pezas dun puzle, distribuíndo a presión. Estas láminas compóñense de capas que están pegadas unhas a outras por unhas proteínas. Ó comprimirse, estas proteínas forman pequenas aberturas que co tempo cicatrizan e permiten que a lámina absorba a presión sen desprenderse.

As láminas encaixan entre si coma se fosen as pezas dun puzle

As frechas vermellas apuntan ás cristas de soporte que unen as seccións superior e inferior da coiraza do escaravello. A frecha gris resalta as láminas entrelazadas ó longo da unión central.

 Os expertos aseguran que a coiraza deste escaravello pode inspirar deseños máis seguros para estruturas que deben resistir presións ou impactos, coma os vehículos, as pontes e os edificios.

 Que dirías? É a coiraza do escaravello diabólico acoirazado resultado da evolución? Ou deseñouna alguén?