Cantos nomes ten Deus?
O que di a Biblia
Deus só ten un nome propio. En hebreo escríbese יהוה e en galego adoita escribirse “Xehová” ou “Iavé”. a A través do seu profeta Isaías, Deus dixo: “¡Eu, Iavé, este é o meu Nome!” (Isaías 42:8). Este nome aparece unhas 7000 veces nos manuscritos máis antigos da Biblia, máis que calquera outro termo usado para referirse a Deus. Tamén aparece máis veces que o nome de calquera outra persoa. b
Ten Xehová outros nomes?
Inda que na Biblia só aparece un nome propio para referirse a Deus, si que aparecen outros títulos e expresións para falar del. Na seguinte lista podes ver algúns. Cada un deles mostra un aspecto da natureza ou da personalidade de Xehová.
Título ou expresión |
Onde aparece |
Significado |
---|---|---|
Alá |
(Non aparece na Biblia) |
Alá é unha palabra de orixe árabe. Non é un nome propio, senón un título que significa “Deus”. Nas traducións da Biblia en árabe e nalgúns outros idiomas, Alá equivale a Deus. |
O Alfa e o Omega |
Apocalipse 1:8; 21:6; 22:13 |
O alfa é a primeira letra do alfabeto grego e o omega a última. Significa que Xehová é “o Primeiro e o Último” ou “o Principio e a Fin”, que antes del non houbo ningún deus todopoderoso e non haberá outro despois del (Isaías 43:10). |
Altísimo |
Xénese 14:19; Daniel 7:18, 27 |
Ocupa a posición máis elevada de todo o Universo. |
O Ancián |
Daniel 7:9, 13, 22 |
Non tivo principio. Existe dende sempre, antes que calquera outro ser ou cousa (Salmo 90:2). |
Celoso |
Éxodo 34:14 |
Non tolera que se adoren outros deuses. Tamén se pode traducir como “que non tolera rivalidade” e “que esixe devoción exclusiva” (God’s Word Bible; A Biblia. Tradución do Novo Mundo). |
Creador |
Isaías 45:18 |
Foi quen o fixo todo. |
Deus |
Xénese 1:1 |
Alguén ou algo que se adora, ou que é moi forte. O termo hebreo Elohím é plural e indica a maxestade, a dignidade e a excelencia de Xehová. |
Deus benaventurado |
1 Timoteo 1:11, Avelino Gómez Ledo |
Caracterízase por ser un Deus alegre e feliz (Salmo 104:31). |
Deus dos deuses |
Deuteronomio 10:17 |
É o Deus supremo, en contraste cos “ídolos” que adoran algúns (Isaías 2:8). |
Deus Supremo |
Hebreos 7:1 |
É o soberano do Universo. |
EU SON O QUE SON |
Éxodo 3:14 |
Chega a ser o que faga falta para cumprir o seu propósito. Esta expresión tamén se pode traducir “Eu Serei o que Eu Decida Ser” (A Biblia. Tradución do Novo Mundo). Isto axúdanos a entender o que significa o seu nome propio, Xehová ou Iavé, que aparece no versículo seguinte (Éxodo 3:15). |
Facedor |
Salmo 149:2, Sagra Biblia en Galego |
Foi quen o fixo todo (Apocalipse 4:11). |
Mestre |
Isaías 30:20, 21, Sagra Biblia en Galego |
Guíanos e ensínanos para o noso ben (Isaías 48:17, 18). |
Oleiro |
Isaías 64:7 (64:8, NM) |
Ten autoridade sobre as persoas e sobre as nacións igual ca un oleiro ten autoridade sobre o barro (Romanos 9:20, 21). |
Pai |
É quen dá a vida. |
|
Pastor |
Salmo 23:1 |
Coida dos que o adoran. |
Quen escoita a oración |
Salmo 65:3 (65:2, NM) |
Escoita persoalmente tódalas oracións que se lle fan con fe. |
Redentor |
Isaías 41:14, Sagra Biblia en Galego |
Recuperou ou recomprou a humanidade do pecado e da morte a través do sacrificio de rescate de Xesús (Xoán 3:16). |
Rei dos séculos |
1 Timoteo 1:17 |
O seu goberno é eterno, non ten principio nin fin. |
Rocha |
Salmo 18:3, 47 (18:2, 46, NM) |
É un refuxio seguro e a fonte da salvación. |
Salvador |
Isaías 45:21 |
Líbranos do perigo ou da destrución. |
Santo |
Proverbios 9:10 |
É máis santo (limpo e puro en sentido moral) que calquera outro ser. |
Señor |
Salmo 135:5 |
Dono ou amo; en hebreo Adón e Adonim. |
Señor dos Exércitos, Iavé Sebaot |
1 Crónicas 17:24; Romanos 9:29 |
É o comandante dun enorme exército de anxos. O título “Iavé Sebaot” tamén pode traducirse “Yaveh dos exércitos” (1 Crónicas 17:24, Sagra Biblia en Galego). |
Todopoderoso, Xadai |
Xénese 17:1; 35:11 |
Ninguén é máis poderoso ca el. A expresión hebrea El Xadai significa “Deus Todopoderoso” e aparece sete veces na Biblia. |
Nomes de lugares nas Escrituras Hebreas
Algúns nomes de lugares que aparecen na Biblia conteñen o nome propio de Deus. Pero non son outros xeitos de chamarlle a Deus.
Lugar |
Onde aparece |
Significado |
---|---|---|
Iavé Nissí |
Éxodo 17:15, nota |
“Señor, miña-bandeira” ou “Yaveh, miña bandeira” (Sagra Biblia en Galego). O pobo de Deus pode xuntarse arredor del en busca de protección e axuda (Éxodo 17:13-16). |
Iavé Paz |
Xuíces 6:23, 24 |
Tamén se pode traducir “Xehová-Salom” ou “Xehová é paz” (A Biblia. Tradución do Novo Mundo, nota). |
Yaveh está alí |
Ezequiel 48:35, Sagra Biblia en Galego |
Nalgunhas Biblias tamén aparece como “Jehová-sama” (Reina-Valera 1960). |
Yaveh providencia |
Xénese 22:13, 14, Sagra Biblia en Galego |
“No monte proverá Yaveh”. |
Por que é importante coñecer e usar o nome de Deus
Para Deus o seu nome, Xehová, ten que ser moi importante porque decidiu incluílo miles de veces na Biblia (Malaquías 1:11).
Xesús, o Fillo de Deus, salientou varias veces a importancia do nome de Xehová. Por exemplo, cando lle orou dixo: “Santificado sexa o teu nome” (Mateo 6:9; Xoán 17:26).
Coñecer e usar o nome de Deus son os primeiros pasos para que alguén se faga amigo de Xehová (Salmo 9:11 [9:10, NM]; Malaquías 3:16). Quen ten esta relación con Deus verá como se cumpre nel esta promesa: “Xa que me ten afecto, librareino, poreino en seguro, xa que coñece o meu nome” (Salmo 91:14, cursiva nosa).
A Biblia recoñece que hai “moitos deuses de nome, tanto no ceo coma na terra —e hai efectivamente moitos deuses e moitos señores—” (1 Corintios 8:5, 6). Pero di claramente que só hai un Deus verdadeiro, e que o seu nome é Xehová.