Que pasa cando morremos?
O que di a Biblia
A Biblia di: “Os vivos saben que han morrer; os mortos non saben xa máis nada” (Eclesiastés 9:5; Salmo 146:4, TNM). Por iso, cando morremos deixamos de existir. Os mortos non poden pensar, tomar decisións, nin tampouco sentir.
“Ó po tes que volver”
Deus explicoulle ó primeiro home o que ocorre cando morremos. Cando Adam desobedeceu, Deus díxolle: “Ti es po e ó po tes que volver” (Xénese 3:19). Antes de que Deus crease a Adam “do po da terra”, Adam non existía (Xénese 2:7). Do mesmo xeito, cando morreu volveu ó po e deixou de existir.
Hoxe ocórrelles o mesmo ás persoas que morren. Falando dos seres humanos e tamén dos animais, a Biblia di: “Todos veñen do po; todos tornan ó po” (Eclesiastés 3:19, 20).
A morte non ten por que ser a fin de todo
A Biblia a miúdo compara a morte con estar durmido (Salmo 13:4 [13:3, TNM]; Xoán 11:11-14; Feitos 7:60). Unha persoa que está profundamente durmida non se dá conta do que ocorre ó seu arredor. Do mesmo xeito, os mortos non son conscientes de nada. Con todo, a Biblia ensina que Deus pode despertar os mortos e devolverlles a vida (Xob 14:13-15, TNM). A morte non será a fin de todo para as persoas que Deus resucite.