Un teléfono público para facer cursos da Biblia
Daiane é unha testemuña de Xehová do Brasil que serve como pioneira. Un día, mentres predicaba por teléfono, falou cun matrimonio novo que demostrou interese. Dixéronlle a Daiane que se ían mudar a unha aldea illada, sen electricidade nin acceso a Internet. Ademais non había ningunha testemuña de Xehová naquel lugar. Para continuar coas conversas sobre a Biblia, a parella deulle a Daiane o número dun teléfono público da aldea. Os tres quedaron nun día e nunha hora para poder falar.
Cando chegou o día, Daiane chamou ó teléfono público e a parella respondeu! Durante as seguintes dúas semanas, volveron falar sobre a Biblia outras tres veces por teléfono.
Despois diso a parella deixou de contestar ás chamadas. Aínda así Daiane seguiu chamando ó teléfono público tres veces por semana. Se alguén contestaba, ela predicáballe. Deste xeito Daiane comezou a estudar a Biblia con varias persoas da aldea.
Un día, mentres Daiane e o seu marido dirixían un curso da Biblia cun mozo no teléfono público, o líder da igrexa local sentiu a conversa. Para escoitar mellor o que dicían, púxose ó lado do estudante e despois pediulle falar con Daiane e o seu marido. Gustoulle tanto o que escoitou, que el tamén pediu un curso da Biblia!
Co tempo, Daiane e o seu marido estaban dirixindo seis cursos da Biblia por teléfono nesa aldea, incluído o do líder da igrexa. Algúns dos estudantes xa asistiron as reunións usando ese mesmo teléfono público. Un deles ata fixo un banco para que os estudantes tivesen un lugar onde sentar durante o curso.
Daiane e o seu marido están moi contentos pola oportunidade que tiveron de predicar a mensaxe do Reino nesta aldea illada. Daiane di: “Xehová asegúrase de que calquera persoa poida escoitar as boas noticias aínda que viva nun lugar apartado”.