Educadores de Filipinas comproban a utilidade de jw.org como recurso docente
En 2016, as Testemuñas de Xehová tiveron a oportunidade de mostrarlle o valor educativo dos vídeos e publicacións de jw.org a un grupo de docentes da provincia de Zamboanga do Norte, nas Filipinas. Previamente, as Testemuñas de Xehová visitaran o Departamento de Educación da capital en Dipolog City. Os responsables deste departamento quedaron tan abraiados co contido de jw.org que convidaron ás Testemuñas de Xehová a presentar a nosa web en tres seminarios para profesionais da docencia en varios municipios de Zamboanga do Norte.
En que consistiron as presentacións?
As testemuñas de Xehová mostraron unha escolma de vídeos e artigos da web a uns trescentos mestres en cada un dos seminarios. Ós asistentes gustoulles en especial o artigo “Como afrontar las deudas”. Moitos dos mestres concordaron no valor da presentación, tanto para eles persoalmente como para os seus alumnos. Todos aceptaron un exemplar de Onde atopar respostas ás grandes preguntas? Nesta folliña móstrase a gran cantidade de información útil e interesante dispoñible en jw.org. Algúns profesores tamén descargaron vídeos.
As tres presentacións foron tan aplaudidas que o Departamento de Educación organizou máis para que asistisen uns seiscentos orientadores e outros docentes. De novo, moitos expresaron o seu agradecemento.
“Este sitio web é de moita axuda”
Algúns dos asistentes explicaron máis tarde como lles axudou o sitio web. “Gustaríame expresar o meu agradecemento”, dixo unha mestra. E engadiu: “Esta web é moi útil para ensinarlles ós meus alumnos”. Outra profesora dixo: “Teño moito que aprender, en especial como xestionar o estrés. Este sitio web é de moita axuda, tanto para os máis novos como para os adultos”.
Do total dos asistentes, máis de trescentos cincuenta educadores solicitaron máis información. As testemuñas de Xehová atenderon as súas peticións, déronlles máis publicacións e faláronlles dos consellos prácticos da Biblia.
As testemuñas de Xehová quedaron moi satisfeitas cos resultados. Arredor duns mil docentes asistiron ás presentacións de jw.org en Zamboanga do Norte, e puideron comprobar a utilidade deste sitio web como recurso didáctico. Esta valiosa ferramenta educativa pode axudar a educadores de todo o mundo no seu labor de transmitir valores éticos, morais e espirituais. a
a Ademais de transmitir coñecementos académicos ós estudantes, segundo o Artigo XIV, sección 3.2 da Constitución, as institucións educativas de Filipinas teñen encomendada a seguinte responsabilidade: “Fortalecerán os valores éticos e espirituais, desenvolverán o carácter moral e disciplina persoal”.