Campaña especial en París: Un mundo sen contaminación
Entre o 30 de novembro e o 12 de decembro de 2015 tivo lugar en París, Francia, a conferencia das Nacións Unidas sobre o cambio climático (COP21). Asistiron delegados procedentes de 195 países para falar sobre como reducir o impacto que teñen as actividades humanas sobre o clima. Á conferencia asistiron arredor de trinta e oito mil persoas, entre as que había funcionarios de goberno, científicos, ecoloxistas e persoas de negocios. Outras miles de persoas visitaron unha oficina de información próxima para informarse sobre o cambio climático.
Aínda que as Testemuñas de Xehová non participaron na conferencia, están moi interesadas no medio ambiente. Por iso, moitas si participaron nunha campaña especial en París para dar a coñecer a esperanza que dá a Biblia de vivir nun mundo libre da contaminación.
Mentres viaxaba no transporte público, unha testemuña de Xehová falou cun home peruano que ía vestido co traxe tradicional do seu país. Este díxolle que, a pesares de ter boa saúde e vivir nunha bonita zona de montaña, preocupáballe o futuro do noso planeta. Alegrouno moito ver a esperanza que a Biblia nos dá e, cun gran sorriso, aceptou quedar cunha tarxeta que presenta o noso sitio de internet, www.mt1130.com.
Nun tren, dúas testemuñas de Xehová falaron cun científico medioambiental americano. Quedou abraiado cando lle contaron que as Testemuñas de Xehová recibiran dúas veces a clasificación de Catro Globos Verdes, outorgada pola institución Green Building Initiative. Explicáronlle que os recibiran debido ó seu compromiso co deseño e construción sostible de dous novos edificios da sucursal estadounidense das Testemuñas de Xehová en Wallkill, Nova York. O científico tamén aceptou de boa gana unha tarxeta da páxina web.
Moitas persoas prometeron visitar a nosa páxina web, pois quedaron impresionadas polo noso interese no medio ambiente. Cando unha delegada canadense escoitou dos esforzos que fixeron as testemuñas de Xehová en Warwick, Nova York, onde está a sede central, para protexer a zona de aniñadoiro dun paxariño (Sialia sialis) que cría alí, dixo: “Antes de dedicarme a defender o medio ambiente, era ornitóloga. Non tiña nin idea de que as Testemuñas de Xehová respectabades tanto a natureza. Lerei as vosas publicacións e visitarei a vosa páxina web para coñecervos mellor”.